FESTA FIN DE CURSO 2012

HOMENAXE 6º

AS NOSAS COUSAS 2012

viernes, 30 de abril de 2010

COPLAS DOS MAIOS 2010

Chegan os maios


cantando bailando

con moita alegría

e festexando.



O sol xa quenta

os maios chegan

e os rapaces cantan

os seus poemas.



Os maios chegan

con toda alegría,

e os nenos non paran

de facer poesía.



Benvido o maio

con toda alegría

todos os cantamos

de noite e de día.



Benvidos o maio

con grande alegría

xuntos os cantamos

por toda avila.



Verín é una localidade

chea de felicidade

ten moita alegría

e un montón de picardía.



Aquí en Verín

imos protestar

así que escoitade

que imos comezar.



Os traballadores

queren cobrar

pero o Concello

non sei se vai pagar.



A terra é moi grande

e os políticos deben dialogar

para ós países pobres

poder axudar.



A Superman e Batman

imos ter que chamar

porque con esta crise

algúns non fan máis que roubar.



O barco Alakrana

tiña que ir pescar

pero uns piratas

fórono secuestrar.



Os do Alakrana

foron pescar

pero por mor duns piratas

case non poden regresar.



Os vellos de hoxe en día

non fan máis que rezar

porque agora so queren

poderse xubilar.



A Belén Esteban

quedou mal operada

xa que o seu nariz

quedou desviada.



Todo este pole

fai moito mal

xa que os alérxicos

só fan esbirrar.



os maios xa rematan

e é unha boa lata

ó cole hai que voltar

a estudar.



As vacacións están a chegar

e témonos que aplicar

para sacar boas notas

e no verán disfrutar.



Os políticos só teñen

ganas de falar

pero a crise

non son capaces de arranxar.



Coa crise que hai

temos que aforrar

xa que se non

imos afogar.



A crise é moi mala

hai moito que aforrar

porque as facturas

hainas que pagar.



Con esto da crise

todo vai mal

porque os políticos

moito falan pero nada fan.



O PSOE e o PP

os votos queren levar

pero o único que fan

é descansar.



Zapatero ten que gobernar

pero o único que fai

é falar

e cartos gañar.



Rajoy quere gobernar

pero para velo

vai ter moito

que rezar.



Zapatero e Rajoy discuten un montón

e os dous merecen un coscorrón

os pobres votantes maréanse sen razón

eles non lles deixan eleción.



O Entroido de Verín

non é moi reivindicativo

pero a lo menos deste pobo

é o máis representativo.



No Entroido

os de Chaves ían vir

pero un temporal

quíxoo prohibir.


MAIOS 2.010

C.E.I.P. PRINCESA DE ESPAÑA

No hay comentarios:

Publicar un comentario