FESTA FIN DE CURSO 2012

HOMENAXE 6º

AS NOSAS COUSAS 2012

jueves, 15 de abril de 2010

ASOCIACIÓN DE XORDOS DE GALICIA

Desde fai dous cursos estamos en contacto coa FAXPG, que ven dar conferencias e máis contacontos ao CEIP. PRINCESA DE ESPAÑA. Esta iniciativa comezou porque temos 2 nenas xordas no Centro, anque teñen algúns restos auditivos. Estes encontros foron e son moi positivos para todo o Centro, porque é unha maneira de concienciarnos, os oíntes, de que a comunicación non é soamente oral, senon que, tamén existen outros xeitos de comunicarnos. ¿Védesnos baixando para a sala de vídeo co fin de escoitar a intérprete dun dos membros xordos de FAXPG?
O  alumnado do CEIP PRINCESA DE ESPAÑA estamos moi contentos/as con estas actividades.

2 comentarios:

  1. Paréceme ben que aprendamos a comunicarnos cos xordos.
    Javier Gallego 6ºB

    Agradézolle ao E.Directivo,ao D.de Orientación e a todo o resto do claustro esta iniciativa.
    Brais 6ºB

    ResponderEliminar
  2. Paseino moi ben porque aprendin a escribir o meu nome en alfabeto dactilolóxico.
    Mª Gallego 6ºB.

    É a primeira vez que teño a oportunidade de pasar por unha experiencia nova e interesante.
    Carlos 6ºB

    Unha das historias era "O cuíño independente", que nos encantou a todo o alumnado de 6º e desexamos que os da FAXPG volten por aquí, para siguir aprendendo novas cousas sobre elo. Unha aperta para todos eles.
    Alumnos/as de 6ºB

    ResponderEliminar